¿Qué pasou onte (25/9/12) en Madrid?
-Tivo lugar unha manifestación na plaza Neptuno de Madrid, á que acudiron unhas 6000 persoas, con motivo da convocatoria <rodea o congreso>. A razón da manifestación era o descontento social coa clase política e cós recortes que se están levando a cabo, nela pedían democracia real, a dimisión do executivo e unha sociedad máis xusta.
¿Qué papel xogou a policía?
-A acción policial tivo lugar ás 7 da tarde, cando un pequeno grupo de manifestantes intentou pasar as vallas que establecían o perímetro onde se podían manifestar. Aínda así, a actuación policial foi desproporcionada xa que, lonxe de crear un ambiente pacífico, cargaron(por ordes superiores) contra os manifestantes causando feridos graves. Levaron a cabo, tamén, bastantes detencións, e a medida que pasaba a tarde, ían chegando máis efectivos da policía.
¿Qué papel xogaron os manifestantes?
-A manifestación comezou sendo unha convocatoria pacífica e non violenta na que a maioría dos cidadáns exerceron o seu dereito a manifestarse, e foi unha minoría a que se manifestou de maneira violenta. De todolos xeitos, a polícia cargou contra todos de maneira desproporcionada e moitos cidadáns completamente inocentes resultaron feridos. Segundo datos do país, o 77% dos cidadáns comparte o motivo do 25-S. Moitos dos xornalistas que se atopaban na manifestación có obxectivo de informar aos cidadáns, tamén foron atacados pola policía.
Qué papel xogou a clase política? ¿Cantos diputados asistían ao pleno?
-A manifestación estivo respaldada polos partidos de esquerdas, sen embargo, o presidente do goberno, Mariano Rajoy dixo: "Doy mi mayor reconocimiento a la mayoría de españoles que no se manifiesta", mostrándose totalmente en contra do 25S.
Qué pasou no pleno do Congreso?
-O 25S non alterou o pleno, ningún diputado denunciou que a manifestación afectara ao ser desenvolvemento.
Por qué foi a concentración. Quen chamou á concentración?
-Os ideales eran: Xustiza Social e democracia. Pedían tamén unha reforma da Constitución, a dimisión do executivo e a "construcción dun novo sistema de organización política, económica e social cara un modelo verdadeiramente xusto e solidario no que o pobo sexa o verdadeiro protagonista".
http://coordinadora25s.wordpress.com/
http://plataformaenpie.wordpress.com/
Onde vístedes as noticias? Cómo valorades esa información recibida? Qué lle faltaba a esa información?
-Entereime da maioría das noticias gracias ao twitter. Mediante o hashtag #25S e #Hoyes25s moitos xornais, ou os propios xornalistas, ademáis de cidadáns de a pé, opinaban sobre a manifestación e daba información sobre ela. Podía seguirse tamén a través dos diarios dixitales. A información, ao ir acompañada de fotos ou vídeos, tiña a súa parte obxectiva xa que cada persoa que a consultase podía sacar as súas propias conclusións.
Qué consecuencias ou qué lectura se pode facer ou entresacamos da concentración / manifestacións?
-O 25S foi unha manifestación apoiada pola maioría dos españois, 3 de cada 4 estaban de acordo con ela xa que os motivos polos que se organizou compártennos a maioría da poboación, a crise ou a mala xestión dos políticos afecta a todos, polo tanto, as declaracións do presidente do goberno, agradecendo á "maioría" dos cidadáns que non se manifestaran non teñen ningún sentido.
Fotos:
http://politica.elpais.com/politica/2012/09/25/album/1348574023_950325.html#1348574023_950325_1348981427
No hay comentarios:
Publicar un comentario